Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tipoloxía de solteiros
O outro día estiven tomándolle algo cuns amigos e a conversa derivou ó andacio de divorcios que actualmente está asolando o noso círculo.

Supoño que é cousa da edade, que os matrimonios ó noso carón están caendo en masa; e as víctimas masculinas deste xenocidio entran nun territorio inexplorado.

A vida do divorciado aproxímase a un safari sen porteadores nen armas axeitadas.

Moitos dos nosos colegas levaban anos, ás veces décadas convencidos de que seguían sendo adolescentes; e pensaban que ó separarse voltarían á vida de solteiros. Unha vida que lembran chea de festas, liberdade e sexo.

Craso error.
O nosos regreso ó mundo real é traumático por tres razóns:

1.- Comprenden que a súa vida de solteiros non era tan maravillosa. Por eso a deixaron.
2.-Ainda que a súa vida fose maravillosa, non poden voltar a ella: As resacas son agora insoportables, e se levan a unha rapaza á casa, poden despertar ós nenos e sofrir a peor noite das súas vidas.
3.-Pero ainda que tomen esteroides e non teñan horario de traballo nen fillos, o mundo exterior xa non é o que deixaron. Se van a unha discoteca, xa nen sequera bailan como os demáis.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-03-2018 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal