Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Sr. Pere Navarro
Ainda que non suele ser habitual nesta páxina, ídesme permitir que hoxe me poña un pouco serio pola morte de dous moteiros (e van...) que foron envestidos por un coche hai poucos días en Barcelona.

Como sempre , os medios dirán que a culpa é dos moteiros por iren en moto (por algo xa o dixo o Director Xeral de Tráfico o Sr. Pere Navarro: "Los propietarios de motos son gente con una situación económica más que desahogada")... pero prefiro que, se queredes , lle votedes unha ollada a este artículo que define ben ás claras a miña postura neste campo:

http://www.portalmotos.com/www/contenidos.asp?contentid=5883
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-11-2008 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
"La confianza mata al hombre y embaraza a la mujer "(e II)
Como queira que o encerro neste cárcere clínica podía prolongarse e o aburrimento xa empezaba a facer mella , decidín chamar a Carliños para darlle as chaves da miña casa e que fose por alí para pillar o meu portátil e así poder conectarme dende o cuarto.

Mira que lle advertín que tivera coidado coa timba que as cucarachas que teño ocupando a miña cociña, montaron alí.

Pois nada tu, acabou palmando trescentos cinco euros ó “poker”. Eu xa lle dixen que non se deixara impresionar polo ambente e pola apariencia de pringadas que tiñan as subsoditas. Todo era un puto truco de “tahuras” (ou tahures femia , como carallo se diga) para que te confiaras , e despois asestarche o golpe. Eu ,coas coñas, xa levo perdido caseque seis mil euros entre pitos e frautas.

Ben, cando Carliños voltou ó día seguinte ó meu cuarto co meu portátil, viña bufando contra as “zorrupias” da timba que había na miña cociña.

Eu ,non puiden por menos que escarallarme , por non chorar pensando nos cartiños que xa me tiñan levantado a min; e a continuación, antes de que él se fora , conectei o portátil par ver se localizaba algunha “wifi” aberta da cal gorronear e así poder voltar a estar “on line”.

Nada. Coa axuda de Carliños movimos o portátil polo cuarto e achegámolo á fiestre en busca de algunha raiña de sinal... pero nada.

Como xa se ía facendo tarde, dixenlle que marchara , non fora a ser que ainda tivera bronca ó chegar á casa coa súa dona.

Total, ó mellor ,dada a hora que era tiñan desconectada a “wifi” do hospital e non tíñamos acceso a nengunha das dos chalés circundantes.

Ó día seguinte, púxenme, desde que ben cediño me ergueron as da limpeza , a buscar con frenesí algunha rede á cal poder conectarme para , polo menos, poder coller o correo e contarche algo da miña penosa e clínica situación.

Queres creer que nun hospital como este , con vistas á ría , con quirófanos de última xeración e co protocolo ISO9000 non había nen unha misera rede que levarse á antena!!!

Cando a eso de media mañá chegou a miña enfermeira preferida (Mmmm!, suspiro) Cristiniña, pregunteille se sabía algo de algunha rede “wifi” á cal conectarme dende o cuarto, ou se o hospital dispoñía de algunha rede aberta.

Maldita a hora! Pola cara que puxo cando lle preguntei ,deseguida me decatei de que a doce e moi rica Cristiniña , non sabía nin de que lle estaba falando, nen lle importaba o máis mínimo.

Nese momento notei como os nosos camiños se separaban inexorablemente; non só porque a fenda dixital se abría profunda entre nos, se non tamén porque Cristiniña pasaba olímpicamente de min e dos meus obvios encantos.

Por sorte, o meu peche clínico finalizou ó día seguinte cediño e mandaronme para a casa , cunha dor de moito nabo; mais, eso sí: “on line”.

Agora a perna segue dando a lata canto quere. En parte supoño que debido a que só fun quen de estar dúas semáns en reposo (independientemente de que o médico me mandou un mes como mínimo). Pero, sabes? Ás dúas semáns xa che me saía o puñetero repouso ata polas orellas; e a perna melloraría, pero o meu nivel de histerismo aumentaba en progresión xeométrica.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-11-2008 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
"La confianza mata al hombre y embaraza a la mujer" (I)
Sí, xa sei que o título non é orixinal. Para ser exactos é dunha peza de “Les Luthiers”.

Pero, éche o que mellor describe estas últimas semáns “off line”.

Verás, quedara con Antonio e Orlando porque estaban empeñados en facerse armadores.
Sí, oh. Un día saímos a navegar e quedaron enganchados. Empezaron a valorar a compra dun veleriño pequeño entre os dous, e pedíronme que os asesorara.

Nesas andaba eu cando fun con eles a ver un “Puma 26” que se ofertaba en Punta Lagoa (Vigo).
O barco estaba ben coidado, e o precio facíao asequible.
Pero esa non é a historia.
Deu a casualidade que no pantalán de ó lado estaba o “Pairo VIII”. Sí, o mesmiño que gañou todo o habido e por haber na costa atlántica , e que agora estaba sendo revisado e acababan de modificarlle a maniobra de proa.

Cando rematei con Antonio e Orlando, eles sairon para pechar a operación e á tardiña iría con eles para a Coruña . Eu decidín ficar en Punta Lagoa e ver a posibilidade de ir dar unha volta no “Pairo VIII”.

Estiven facendome o remolón e poñendo a orella. Parece que despois de xantar ían sair probar a nova cofiguración.

Pillei un bocata e agardei. Cando viñan do bar boteille “jeta” e presenteime. Non pensaba eu que o aval do Hansa me ía abrir as portas deste bicho; mais sí. Así foi.

Como queira que non eramos moitos: dous da velería, o patrón e eu. A min tocoume o piano , a maior, e un dos winches de xénova.

A tarde non era moi boa. Só uns seis, oito nós do NW, pero que se había sorte chegarían para ver andar e disfrutar.

Que se andaba!!!. Neniño, que arrancada. Notábase que era un “regata puro” (sí, xa sabes: por dentro completamente vacío para alixeirar peso). A pouco que a brisiña empuxaba parecía que íamos a motor. Que sensacións,tu!!!

Cambiamos varias veces de xénova para probar e ,cando víñamos de volta ,despois de catro horas de disfrutar a tope, nunha “trasluchada” puxéme no medio da bañera para pasar a maior á man. Total, con oito nós tampouco ía haber tanta presión como para non ser quen de parala.
Murphy non descansa. Estaba eu todo preparado, cando unha racha traidora empuxou o trapo da maior, a escota, e eu detrás voando por riba da bañeira.

Algo que sempre comprobo mil e unha vez no Hansa, esta vez pasóuseme. O escoteiro de maior non estaba enclavado fixo. E claro algo que no Hansa sería unha desfeita menor (a penas dous metros de carro) ,aquí convertíuse nun vo sen motor con aterraxe forzoso. (é o que o escoteiro do "Pairo VIII" ocupa o longo de toda a manga, caseque cinco metros).

A miña perna esquerda acabou dando un cruxido nada tranquilizador contra a regala.
Amiguiño, non sei se fixo máis ruido a botabara contra os obenques ou eu ó aterrar.
Supoño que como estaba en quente non notaba ainda nada; mais ó chegarmos a terra a pernera do pantalón apretábame de moito nabo.

Leváronme a urxencias por ver se había algo roto. Nada de osos, e cun calmante que me deron viñen durmindo toda a viaxe cara a Coruña.
Ó chegar á casa, subín como puiden renqueando polas escaleiras; pero a eso das catro da mañá tiven que pillar un taxi para ir a urxencias.
E alí fiquei, no San Rafael en observación.
Joeer, xa non me lembraba do mal enfermo que son,tu.

(To be continued)
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-11-2008 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal