Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

sorriso xeado
A verdade é que non pretendo con este blog ou como queiras chamalo máis que contar cousas e contos que a ti , ou a algunha das desocupadas ou ineteresantes persoas que leen esto,vos produzan mais que un esbozo de sorriso.
Lamentablemente hoxe non acerto a guiar os dedos polo teclado con ese rumbo.
Hai escasamente unha hora que acabo de desembarcar en Sada.
Hoxe correríamos a segunda manga da Regata de Santiago.
Onte a cousa foi moi ben para non coñecer o barco nen as súas capacidades.Un terceiro posto. Sí houbo que currar, mais ó chegarmos a terra desde o patrón ó último tripulante estabamos cansos e ledos polo traballo ben feito. Haiche bo "feeling" a bordo.
Ó comenzo do párrafo anterior dicíache "correríamos". Ben. Non puido ser.
Estabamos na presaida da proba cando de súpeto sucedeu algo ó que nunca, ó longo destes dez anos que levo disfrutando da mar, me pasou.
O patrón, Nano, vello mariño , empezouse sentir mal cunha forte dor no abdomen. Rápidamente un compañeiro fíxose cargo da caña mentres outro tentaba axudalo cando vimos que se desvanecía.
Eu, corrín cara a radio para avisar ó barco da organización e solicitar axuda médica (para eso hai unha lancha da cruz vermella de servicio nas inmediacións). Mentres os meus compañeiros tentaban volver a Nano en sí.
Volto a chamar con urxencia ata que consigo que entre a Cruz Vermella e nos informa que tiñan o motor bloqueado por un quentón e non podían auxiliarnos.
A verdade é que cando oímos a noticia a todos se nos puxo o corpo mal.
Decidimos arriar todo o trapo encender máquina e camiñar a toda cara a terra.
Nano non volvía en sí.

Mentres pola radio oio unha chamada ó "Marva" desde o "Roncudo". Xaquín o seu armador e Carmen a súa dona(médico), viñan ó noso encontro a toda máquina. Ós poucos segundos despuxemos todo na banda de estribor para abarloar o "Roncudo" ó noso barco. Carmen cando ainda non estaban os dous barcos amarrados saltou á nosa cubierta e despúxose a atender a Nano.
Pouco a pouco este empezou a recuperar a consciencia, mentres avanzávamos cara a terra e desde o "Roncudo" dispoñían todo para que no peirao estivera unha ambulancia agardando.
Por fortuna agora Nano está sendo sometido a observación no hospital.
Bueno, por fortuna?Non, foi pola rápidez en acudir no noso auxilio por parte da tripulación do "Roncudo" a quen lle agradecemos a súa axuda no papel que en xustiza lle correspondería a un organismo como é a Cruz Vermella... que ó que se ve anda escasa de efectivos e operatividade técnica.
E agora me pregunto.
Se Carmen non chega a estar a bordo do "Roncudo",
habería que depurar algunha responsabilidade no organismo que non prestou o servizo para o que está destinado?
A resposta, me temo, non está no ar...se non nas máns dos nosos políticos a quenes, mal que nos pese, eleximos (???) cada catro anos.
África,meu amighiño, comenza nos Ancares.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-07-2006 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Un muchacho excedente
Sí amighiños e amighiñas. Fai duas semans que un é un muchacho excedente.
Os que xa me coñecedes sabedes ben de que estou a falar; mais para os/as demáis direivos que fai duas semáns que desembarquei do barco que foi como a miña casa durante os pasados 10 anos. E aquí me atopaba en situación de excedencia mariñeira maquinando a mellor maneira de venderme para voltar embarcar noutro barco e poder seguer respirando aires de mar.
A verdade é que me teño comido moito a cachola estes días.Foron 10 anos e moitas experiencias e amigos que deixas atrás, mais contodo penso que fixen o que tiña que facer.
O caso é que a situación pola que pasei lémbrame esa situación de impasse entre rapaza e rapaza. Non sei se a vos vos ten pasado. Sí, oh, cando rematas unha relación e despois do período de loito tentas sair e buscar unha moura que cure a mancha da outra; e é como se levaras escrito na fronte "Apestado". Ninguén se che acerca. E ata chegas a pensar se acabarás os teus días como "Rei do País dos Amigos".
Pero, hete aquí que soa a frauta e xurde alguén que se interesa por ti.
Xastá. Borrouseche da fronte o letreiro e agora luce un luminoso de sete estalos que pon algho así como "Superatractivo" e caseque tes que dar número como na froitería.
Ben, esta especie de reflexión sobre as vicisitudes dun obreiro do amor, trae como colofón que o mesmiño che me pasou estas dúas últimas semáns.
O desespero por atopar outro barco agora xa arrancada a tempada e o desespero porque ninguén chama... ata que de súpeto hoxe pola mañán recibo a chamada do patrón do "Marva" ofrecendome un puesto para o que resta da tempada na súa tripulación. Viaxe relámpago a Ares para falar , e listo: outra vez na roda.
Chego á casa e vexo 3 chamadas perdidas. Reviso o terminal e... volvo a ser atractivo. O patrón do "Riás", o do "Roncudo" e outra vez o do "Rías" con ofertas máis que interesantes para a tempada.
Sabes?, ás veces desexaría non haber recibido a educación pública que recibín.Así podería decirlle ó patrón do "Marva" que onde dixen digo digo Diego e deixarme querer polo que máis pague.
Kagontoooo, non podo.
Con grande dor de corazón e de bolsillo tiven que devlover as chamadas dado que xa había un compromiso co "Marva" (por suposto non tan sustancioso... pero... empeñara xa a miña palabra)
E , boeno, éche a vida.
Xa non son un muchacho excedente, xa volvo a estar na roda e os seguintes contos voltarán a ter sabor a salitre ...sabor a Atlántico.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-07-2006 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
"B" & "V" inc.
Esto éche como todo. Xa sabes cando comenza, a novedade... e despois supoño que as cousas iran máis paseniño.
Acabo de recibir unha primeira crítica dun bo amigo sobre un desliz ortográfico na inauguración.A verdade é que non sei como se me puido escapar. Revisei todo con calma (ou alomenos eso pensaba eu),mais ahí saltou traizoeiro ese "B" no lugar do "V".
Ás veces pasa. Vas tranquilamente polo teclado con ánimo de argallar un dos Contos do País do Solpor e nun recuncho agazapado está o "b". Aparentemente non fai nada. Está alí ollando para o teu índice e como escudriñando as liñas da túa pegada dactilar,ou alomenos eso pensaba eu, cando de súpeto zas!. Salta dun choupo e pousase enriba do "v", que sen comelo nen bebelo vese envolta nunha mareira que non é a de ela e é arrastrada pola corrente que se montou cando saltou o "b" e deixou a porta de par en par.
Hai que copularse!! (este é un blog fino e non vou poñer: Hai que joderse).
En fin, confío en que saberás desculparme a min e ó "b", que ,sabes, non é malo, é que a escribiron así.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-07-2006 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Amo a María
Vouvos contar un sucedido que me aconteceu hoxe mesmo.

Hete aquí que estaba realizando os exercicios de entrenamento que o meu padriño e anxo da garda,Henry McFerrin, me propón para recuperar de novo as habilidades moteiras perdidas aló polo ano 96.
Estaba, por suposto, facendo os percorridos que él, na súa sabiduría, me plantexa ; e tentando resolvelos da mellor maneira posible (zonas de curvas, chicannes, semáforos, arrancadas en costa, carros de vacas que saen de non se sabe onde, peatóns e peatonas que se abalanzan na vía ou calzada,etc, etc).

O caso é que na miña sesión de entrenamento de hoxe cruceime con varios moteiros , dos cales algún me saludou enarbolando o saúdo vulcaniano (ver "Star Treck" o saúdo do Sr. Spock). Esto, meus queridos amigos/as levoume a sospeitar que algo raro estaba acontecendo. E mentres ía enlazando curvas a 40Km/h e ata a 50!!!, e sorteando peatóns,
pensei que ó mellor estabamos sendo invadidos!!

Encomendeime a Marx (Groucho) e virei a estribor a miña moto para seguir en pos da ruta dun deses vulcanianos. Non me acerquei moito, non fora a ser que me pillara. E, non o ides creer.
Este vulcaniano xuntouse con outros (supoño que tamén da mesma zona do espazo- tempo) nunha praciña , marco incomparable de beleza sen igual, da cidade de Betanzos.

Eu, aparquei un pouco antes e non perdín de vista o individuo, quen se introduciu nun local de Diversión e francachela onde había máis da súa calaña.

Asomei a visera do meu casco, que por precaución non quitei, e o que vin e ouvín, meus amigos, foi horripilante:

Cóntovos:
Nunha desas pantallas modernas que se colgan da parede estaba véndose unha imaxe, pretendidamente musical, mentres no ambiente soaba unha ,a modo de canción, que dicía (léase con voz de "Viva la gente"):"Amo a Laura, pero esperaré hasta el matrimoniooooooo". E todos/as eles/as danzaban como poseidos por unha entidade ectoplasmática (ou aljo así).

Foi terrorífico!!!

Ainda non sei como puiden fuxir de alí e chegar san e salvo á casa... para contarvolo a vos...

O caso é que non sei se non me afectaría algo...
De camiño á miña casa pareime na farmacia da esquina da miña rúa e lieime a patadas ca maquiniña dos condóns ata escachala... e os que quedaban pola rúa fureinos co alfinete da miña garabata... Agora ,en canto acabe de contarvos esto voume a misa de oito...
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-07-2006 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Inauguración
É para min motivo de orgullo e satisfacción levar ó dominio público galego este nobo blog.
A bon seguro os/as lectores/as que non teñades nada mellor que facer a esta hora, vos estaredes preguntando (no hipotético caso de que teñades ganas de pensar co calor que vai) "quen carallo quere outro blog máis no millo?"
Ben, amighiños e amighiñas, eu penso o mesmo. O caso é que me precio de moderno onde os haxal; e o outro día un bo amigo díxome que para ser moderno a cachón había que ter un blog no que escribir as arroutadas que se che pasasen pola cachola.
Dito e feito. Aquí me tedes estrenando este blog con este discurso de inauguración no que non me pregunto que podo eu facer polo universo blogueiro galego.Non.
O que realmente me pregunto é se nese proceloso universo serei quen de facerme rico? ou no seu defecto poderei vivir do que escriba... pero vivir, vivir eh. Non como ata o de agora. Vos xa me entendedes.
Ben , namentras agardo a que eso suceda, adicareime a enzoufar un pouco máis o ciberespacio cos meus inesquencibles contos do País do Solpor.

(Quedou ben,eh. Joeeee, pa ser o primeiro... que lle pides oh?)
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-07-2006 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal