Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A path tour is not a pub tour (II)
A primeira na fronte.

Sí, non che nos dou tempo nen a afacernos ó novo horario ,nen ó almorzo “british”.

A nosa profe,Carol, despois dun animado debate onde puido comprobar o noso nivel de capacidade comunicativa en Inglés (onde, por certo, destacaron sobremaneira a miña viciña de cuarto e unha compañeira que vivíu ata os dazasete aniños en U.K.) deixounos ben clariño que o idioma que nos falabamos era o falado por ,como moito, un dous por cento da poboación deste país.

Despois de eso ,como comprenderás, ó que máis e ó que menos entrounos un baixón de carallo.

Carol, unha boa profesional todo hai que dicilo, tentou nos seguintes días de elevar a nosa maltreita autoestima semántica celebrando e xaleando calqueira dos nosos escasos e precarios avances , lembrándonos o maravillosos que somos (as súas palabras exactas: “You`re amazing!!”).

Pero, non che bou dar a vara coas nosas cuitas lingüísticas , se non que vou tentar, ó longo destes capítulos, darche unha visión pouco obxectiva e totalmente persoal do noso paso polo condado de Devonshire.

Ainda que o ritmo de clases era ben forte. Entrabamos cediño ,con parada para un sandwich infecto a eso das doce da mañá, pola tarde tiñamos abondo curro . Por fortuna a Universidade preparounos unha serie de actividades de ocio para algunha tarde-noite e algunha excursión para ver os alrededores.

Do resto do tempo ocupámonos nos descubrindo que ,ó fin, Exeter non era tan aburrida como nun principio chegamos a pensar.

De feito o primeiro día, non me preguntes como, fomos dar cun dos locais que sería fixo na nosa andadura nocturna da cidade, era “The Old Fire Station”. Un antigo cuartel de bombeiros agora reconvertido a pub onde a horas intempestivas ( ás doce da noite) servían unha moi barata e enorme pizza que nos axudaba a sobrelevar a fame que a esas horas xa facía estragos (a cea era as seis da tarde, ti me dirás), así como unha exquisita cervexa con sabor a macedonia, a “Skinners”; e que ademáis era servida fría! ( o cal xa che é raro, porque aquí a cervexa sírvese quente ou como moito do tempo).

Sí, tes razón, eu non che son de cervexas; pero por estas latitudes pedíannos por unha botelliña de “Martín Codax” a bonita cifra de 39Libras!!!, polo cal a opción alcohólica estaba clara.

Segundo pasaban os días non só nos adaptabamos á cidade, se non que íamos vendo que había vida (e moita) máis aló das clases e dos “deberes”.

A parte do “Old Fire Station” onde podías asistir a concertos en directo de grupos folk, tiñamos unha oferta que para sí quixera unha cidade de tamaño similar como podería ser A Coruña. Verás: Tres teatros funcionando a tope con funcións de todo tipo, dende o máis experimental (do estilo da Nasa en Santiago D.C.) ata o repertorio máis clásico; tres cines, dos cales un era de versións orixinais; múltiples sás de exposicións; e locais como “The Cavern” con diversa oferta de música en directo (heavy, R&R., Blues...), ou “The Mama Stone” onde puiden ver ao vivo ó mítico Salomon Burke; ”The George`s meeting house”,unha vella iglesia reconvertida onde podes tomarlle algo ó pe do púlpito; e a nosa base de operacións: “The Imperial” , a escasos minutos da nosa casiña en “Holland Hall” ,e onde podías disfrutar duns enormes xardíns (cando os temporais do verán inglés nolo permitían) , dun antigo invernadeiro (“L`Orangerie” chámanlle) e de confortables salóns onde degustar un exquisito gin-tonic.

Se che digo a verdade , entre o curro e a intensa vida socio-cultural, non che nos quedaba moito tempo libre.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-09-2010 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Si que o montades de luxo na vosa empresa.
Xa me d#blgtk08#irás cando hai unha praza para presentar o meu curriculum
Comentario por Lucia (16-09-2010 13:31)
2 particular functional element, #blgtk08#but add to the art of the watch
Comentario por replica watches (26-12-2017 04:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal