Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Oscar vs. EI3
Estabamos o outro día no Hotel Finisterre invitados pola D.O. Toro para a presentación dunhas adegas de seus viños (altamente recomendables os de “Libaralia” e os de “Tres Lunas”) e entre viño e viño vin unha cara sorrinte que se achegaba cara a min. Era Oscar, o fillo de Consuelo e Miguel.

Sí, oh, se o ves non o coñeces. Está feito un home.

Non sei se pola exaltación da amizade propia do evento no que nos atopábamos ou porque o rapaz tiña gañas de falar ,agarrounos por banda a Cristiniña e a min e empezou a contarnos que xa rematara (contra o meu consello, que todo hai que dicilo) a carreira; e que ainda non facía uns meses que era funcionario en prácticas. Aquí o tes. Todo un mestre recén saidiño do forno e xa funcionario!

O rapaz mostrábase orgulloso e ledo por verme e transmitirme tan boa nova.

Pero, como queira que a cata xa non daba máis de sí, decidimos irnos ata “Os Arcos” na Cidade Vella para picar algo e continuar a conversa mentres celebrábamos o seu próximo ascenso ó ceo funcionarial.

Despois dunhas cuantas racións de polvo e cecina ben regadas cun mencía que en nada tiña que envidiarlle ós “Toros” do Finisterre, o rapaz empezou a largar.

Verás. A pesares das súas enormes cualidades como pintor e debuxante(que o é e moi bon) decidíu facerlle caso ó seu pai e buscar algo seguro.Meteuse no ensino. Con tan mala sorte que o seu primeiro destino como mestre foi nun colexio non moi lonxe da Coruña no cal foi caer a un aula de Educación Infantil de 3 anos.

Así, sen anestesia , sen ser especialista nesa área nen nada. El só ante vinteún monstruos perfectamente organizados para facerlle reconsiderar a súa sobrevenida vocación.

A medida que ía avanzando no seu relato dos feitos , tanto Cris coma min íamos vendo como a súa mirada se tornaba máis escura e empavorecida . E, oes , non era para menos.

O primeiro trimestre, contabanos que non era quen de que o persoal parara de chorar. Máis que nada porque cando ía aloumiñar a un/unha xa estaban na outra esquina da aula berrando e patalexando.

Mal como puido foi trampeando ata Nadal.

Pero, amiguiño, eso non che era nada comparado co que lle agardaba á volta do día de Reices.

Unhas semáns máis tarde , dicía o coitado de Oscar, que estaba moi orgulloso porque xa (eso creía él) tiña encamiñada a clase e conseguía que empezasen a facerlle caso.

Que enganadiño estaba!

Unha mañá mentres estaba nun curro da aula repartindo as cores para iniciar un traballo , un grupiño pechouse no baño da aula levando consigo (sen que él se apercebira) algúns xoguetes.

Non lle dou máis importancia e seguíu na súa tarefa cos máis lentos... ata que de repente notou unha humedade nos pes que cando ollou, xa se convertira nunha inundación da aula proveninte do baño onde se fixeran fortes o grupo que iniciara a acción atrancando as tazas do retrete cos xoguetes e tirando repetidamente das cisternas, coa consecuencia que empezaba a espallarse polo corredor de toda a planta.

Neste punto as vágoas xa asomaban nos ollos do Oscariño.

Non sabe moi ben como, pero foi quen de abrir a porta do baño e comprobar horrorizado como unha riada invadía a aula e xa anegaba unha parte da planta. Apartou de alí ó comando implicado na operación ,que foron confinados en cadansúa esquina a pensar..., e saíu escopetado a pedir unha fregona e cubos mentres berraba polo corredor, que cortasen a auga dos baños de Infantil.

Enrique , o bedel ,e algúns compañeiros foron a botarlle unha man para frena a desfeita .Mais hete aquí que no barullo da situación ninguén se percatou de que outro comando faltaba da aula.

Onde estaban?

Non daban con eles.

Pero quixo a providencia ou a escasez de cubos e fregonas , que Enrique fora á súa vivenda no colexio para coller máis material de guerra.

Voltou coa cara desencaixada a xunto á aula.

O outro comando aparecera... dentro da súa vivenda.

Bueno, para sermos exactos, dentro do que quedaba de ela.

Cando Enrique abríu a porta da sala atopou o seu fermoso sofá de pel totalmente decorado con pasta de dentes, os CD do equipo de música fora dos seus estuches e tirados polo chao, a nevera aberta e as provisións tiradas polos sofás... Iogures, carne , peixe a medio desonxelar,ovos estrelados na alfombra,etc. etc. etc.

Tentou agarrar a algún membro do comando , mais ,nunha exitosa maniobra estratéxica, algúns conqueriron fuxir mentres tres deles eran feitos prisioneiros polo dono da maltreita vivenda.

Aquí , Oscariño só acertaba a dicir que eses monstruos eran o Anticristo e que non podía con eles. Opinión, que ,a bon seguro, tamén compartían os seus compañeiros de claustro.

Parece ser que ó final tivo que facerse cargo dos estropicios do seu peto , máis que nada para evitar males maiores dado que está en periodo de prácticas .Ó rematar a noite (antes do que contábamos) metímolo nun taxi coa rapaza que o acompañaba e eu ainda acertei a dicirlle a Cristiniña, mentres que nos encamiñabamos cara a súa casa, o enormemente perigosa que é a profesión do ensino.

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2010 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 De novo recuperas a man#blgtk08#.
Escacharrante!
Comentario por Paula (06-05-2010 19:30)
2 Como me rin. Boísimo. para quitar a#blgtk08# mais de un as ganas de ser mestre.
Comentario por puri (25-05-2010 22:41)
3 Me ha parecido muy adecuada la comparativa que nos habeis pu#blgtk08#esto pora aqui, asi que si teneis mas de este tipo, genial.
Comentario por Descargar (04-01-2011 22:24)
4 Estaba incienso. Me siento muy afortunado de est#blgtk08#ar leyendo este artículo. Gracias por compartir
Comentario por Juegos de Matar Zombies (09-11-2015 08:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal