Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Descafeinada porno (e II)





Estabamos xa moi pertiño da baliza que sinalaba os baixos, a corredeira marcaba uns bos dez nós , e ainda que a victoria era caseque imposible; poderíamos arañar uns segundos valiosos ós de cabeza.

Cos ollos postos na sonda polo que poidera pasar, e o patrón pendente de optimizar ó máximo ese rumbo, preguntoulle ó navegante como estabamos con respecto á pedra, este asomou a cabeza polo tambucho con cara de “xefe, estamos arriscando moito”; mais xa non houbo tempo para que a súa voz chegase a sair da súa gorxa.

Un son como dun latigazo, e un frenazo en seco guindounos a todos cara a proa do barco.

Eu o único que acertei a ver, foi ó patrón sobrevoando a bañera e vindo a empotrarse no carro da maior a bos dous metros das rodas de goberno. Pola miña banda ben que me foi estar no meu posto a carón do winche, así amortigüei o golpe coa barriga (é a primeira vez na que me sinto afortunado de estar un pouco entradiño en carnes).

Sí, acababamos de encaiar. O todopoderoso Hansa, ferido.

Rápidamente todos nos puxemos en movimento para arriar o trapo á maior velocidade e así evitar que as velas seguiran portando. Aparentemente todos estabamos ben (máis ou menos, salvo magulladuras) e o que é máis importante, o pao aguantara o envite sen dano visible. O único salientable ,entre o enorme rebumbio que se formou ó arriar a toda presa ,era un obenque intermedio que saltara da súa anclaxe; pero para solventalo xa había un compañeiro tirando unha driza cara á banda onde faltara e así evitarlle ó pao máis tensións das debidas.

No entanto eu xa me deslizara abaixo para berrar dende a radio unha petición de socorro ó barco do Comité. E ,o que menos agardaba , tomáronnos a choteo!!

Claro, a ninguén lle podía entrar na cabeza que un barco coa equipación tecnolóxica e humán como o Hansa , se vira nesa situación. Menos mal que os dous que acababan de cruzar a meta viron o accidente e deron fe da nosa petición de auxilio ó tempo que viraban e se encamiñaban á nosa posición para ver de botar unha man no que poideran.

Mentres Miguel, xa se mergullara para ver de primeira man como estaba a cousa na orza.

Deixaramos un cacho do bulbo da nosa orza na roca, e estabamos subidos a unha pequena agulla. A cousa non pintaba nada ben.

O primeiro en chegar foi o “Ourense” quen rápidamente se puxo á nosa banda de babor mentres nos lle guindábamos unha driza de “spí” para que eles tiraran dela e así conquerirmos unha maior escora que nos permitira ,coa axuda do motor, descabalgarnos da roca na que estabamos subidos. Non había maneira. Os dous barcos coa máquina a tope e nin nos movíamos.

Eu, no entanto, xa levantara parte do “plan” para examinar a sentina e ver que non estabamos embarcando auga ; e que o anclaxe da orza non presentaba nengún tipo de filtración anómala. O que che nos faltaba era ,ademáis , ter unha vía de auga.

Na “Guisanda”, o barco do Comité, xa deran crédito á nosa petición de auxilio e viñan cara a nos para ver se cos seus dous motores eran quen de reflotarnos.

Acababan de darnos un remolque dende a “Guisanda” ,e coa escora que nos proporcionaba o “Ourense” íamos a tentar de novo a operación.

Paseniño e tentando sincronizar a nosa máquina coa da “Guisanda” empezamos a notar que sí , que esta vez nos movíamos!

Pouco a pouco fumos largando a driza que deramos ó “Ourense” para deixar de forzar tanto a escora ,e sentíamos como o Hansa voltaba de novo a flotar pola súa propia man. Fixémoslle señas á “Guisanda” para que parara máquinas ó tempo que o “Ourense” se achegaba ó noso babor para afroxar a tensión da driza de “spí” e deixar que a cobraramos abordo.

Estabamos vivos , enteiros ; e o Hansa respostou como nunca.

Pouco a pouco fumos recollendo todo e tentando por en orde as velas o toda a cabullería. As caras eran un poema, e o silencio abordo, espeso.

Cando demos chegado ó peirao de Cedeira toda a xente da flota se apresuraba en preguntarnos que pasara … mais , para serche certo ninguén tiña moitas gañas de falar... a tempada presentabase … cando menos dudosa para o Hansa e a súa tripulación...
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2010 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Donde hay patrón no manda marinero, pero ya se sabe que en esos círculos hay patrones que no tienen ni#blgtk08# idea pero muchos de ellos y otros navegantes están ahí por ser "amigos de", aunque rompan los barcos.
Comentario por texas (07-03-2010 21:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal