Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Noitevella 2006/07
Xa sabes que non son moi afeizoado a saires de marcha en noitevella; contodo esta era unha invitación do armador e esa, é unha invitación que non convén rechazar.
Ben, a cousa era quedar despois da cea a eso da unha e media da mañán no pazo que os armadores teñen nas aforas da Coruña ó outro lado da ría.
Íamos estar toda a noite na festa e polo que se nos dixo ata teríamos camas e cuartos dispoñibles por se algún/a quería quedarse a dormila á mañán seguinte.
A eso das dúas chamei un taxi para ir ata o lugar. Non quería que por mor dunha copa de máis os amables axentes da axencia tributaria me retiraran o carnet outra vez. Cando cheguei á porta do amplo xardín do pazo xa a música se oía dende a porta e ó lonxe veíase a esmorga de todo o persoal.
A festa, non che dixen, era para toda a tripulación do Hansa,tanto da actual titular como da que ó longo da tempada figurou en plantilla.
Oe, non pensaba que habería tanta xente. Do que sí me din conta deseguida era de que non ía axeitadamente vestido.
Cando cheguei á porta do pazo o que meus ollos viron foi arrepiante.
O persoal andaba todo espallado polo recibidor e un enorme salón que estaba á dereita entrando e que, despois me enteraría, daba directamente ó xardín e cunhas impresionantes vistas da bahía.
Alí estaba todo o persoal co que navego últimamente; mais non no seu estado habitual.
Os dous armadores ficaban nun cuarto cercano aferrados a dous micros dun karaoke, mentres eran xaleados por varias rapazas noviñas ás que na vida tivera visto. Andando a noite entereime que unha delas era a moza actual dun dos armadores e as súas alegres amigas. No salón principal había unha especie de barra montada polo servicio de catering que para a ocasión os propietarios da casa dispuxeran. Por suposto, barra libre.
Á miña chegada había unha conga montada que para que che conto.Caseque non me deron tempo a quitarme o abrigo e xa estaba enganchado á cintura dunha rapaza que tiña un aire ca nosa “piano”, pero non podía ser. Ela habitualmente sempre tan recatada, non podía ser. A rapaza á que me agarraron levaba as bragas por fora do pantalón e un bonito suxeitador de encaixe... atado á cabeza!!!
Ó finalizar a conga. Para ser exactos,cando puiden zafarme da conga comprobei horrorizado que sí, que era ela co suxeitador na cabeza!!!
Pero, neniño, a noite non acababa máis que empezar. As sorpresas que me agardaban nesta,poderíamos chamarlle festa, eran múltiples e diversas.
Necesitaba empezar a beber con urxencia para poder superar o que estaban vendo os meus ollos.
Cando conseguín acodarme á barra puiden ver o calibre do que había entre as provisións: champagne Mumm e Moet Chandon, Whiskey McCallan de doce anos, etc,etc. Neniño alí podías empiparte pero ó grande, eh.
Ó pouco empecei a ver pasar ante min ó persoal do barco... dun xeito, irrepetible. O noso táctico (home serio e ponderado onde os haxa) paseaba ben amarradiño a unha das “trimmers” de xénova (muller esta, en circunstancias náuticas, moi pouco receptiva), e lucía por fora do pantalón uns gallumbos vermellos.
Aiii, amijiño, esto non era o peor.
A todo esto eu xa tomara a decisión dura, pero drástica de comenzar a beber ó fin de integrarme ou de perder a consciencia ante o que estaba a ver. O que ocurrira primeiro.
Xa ca meu vasiño cheo e integrado (máis ou menos) encamiñeime cara a balconada que da ó xardín e o que viron estes olliños que se ha de comer a terra non é para contar. Alí estaban os nosos dous “topos” e o noso navegante. Por suposto todos ataviados cos consabidos gallumbos vermellos e facendolle extranas confidencias a unha reproducción da Victoria de Samotracia que hai no xardín. O noso navegante (home frío e afeito ós cálculos de derrotas e rumbos) lucía na súa abundante cabeleira gris un bonito e aparente ramallo de claveles vermellos atados con cinta aillante.
Sí, se tivera bebido máis pensaría que era producto da melopea; pero, neno, a pesares da intensidade e variedade das miñas libacións había unha especie de extrana conxunciòn astral ou epática e non daba perdido a consciencia e nen sequera me daba por reir. Sí, oh, xa sabes que cando me achispo un pouco empezo a rir so.
Decidín pasear a miña mirada polo salón do karaoke e alí estaba parte do persoal de proa xunto co staff da casa e as alegres amigas. Se che son sincero, dos amijiños de proa nada me sorprende. Eu mesmo estiven facendo a proa durante tres anos e sei de que falo, e que clase de persoal nos xuntamos na proa. Alí estaban todos facendo unha especie de festival de karaoke con cancións da tunaaaa!!!!. Sí, horrible, estonteante.
Eu seguía na miña teima estéril de tentar perder a conciencia . Todo inútil.
Ainda non vira todo. Claro, tanto trasegar, tiven que moverme na procura dun baño e xúroche que vin cousas que non creerías, e que a miña discrección me impide contarche. Só che direi que ten que ver con dúas tripulantes (femeninas) da tempada pasada nun cuarto que estaba ó lado do baño da primeira planta. Foi ... como o diría, moi bonito, ata que lles vin as caras ...
Tiña que perder a conciencia como fora. Non che sei que podía estarme pasando. En circunstancias normais xa facía un bo pedazo que debería estar escarallándome de risa e xa ata tería pasado á etapa de caer totalmente durmido en calqueira esquina; mais hoxe, tu non había maneira.
Maldita conxunción epático-planetaria!!!
Porque claro, ponte no meu lugar. O vindeiro día de reices voltábamos todos/as á rutina dos entrenamentos ...,e , neno, como coño lle ía mirar á cara ó noso táctico sen escarallarme.Cando o noso navegante nos pasase datos de rumbo e previsións de vento como coño lle ía creer? E o que é peor , cando vira á algunha das nosas tripulantes ...como ía ser capaz de vela como unha tripulante e non como unha muller co suxeitador atado ó cuello.Era terrible.
A miña mente non deixaba de debullar mentres que non deixaba de trasegar o que pillaba por diante.
A noite , bueno, a madrugada ía avanzando e había xa algún e algunha entrando na etapa do amor mundial e outros na etapa dos cánticos rexionais. Eu, neniño, sobrio como unha pedra. É algo inexplicalbe, seino, e desde aquí emplazo a Punset o de “Redes” para que o investigue.
A eso das sete da mañán o servicio de catering xa se aprestou a preparar un reconfortante chocolate con churros feito alí mesmo nunha especie de cociña de campaña. E eu, nada tu. Totalmente lúcido e sobrio. Manda Carallo!!!
Poucos éramos os que ainda estabamos en pe para tomar os churros. Eu, algún dos camareiros e algunha das amigas do táctico. Lóxicamente sobraron churros e chocolate. Curiosamente as existencias alcohólicas foron todas consumidas. Mira ti, oh.
Eu, alucinado do extrano fenómeno do que fun protagonista ó longo desta noite encamiñeime cara a porta do xardín do pazo e tentei, en vano, chamar un taxi para a volta á casa. Nada tu. Ou ben estaban todos durmíndoa ou ben estaban todos ocupados. Ía dispoñerme a camiñar ata a aldea cercana cando dende a casa oín a voz da nosa “trimmer” de xénova que me chamaba a berros: “Bedroooooo”, “non de vaias ainda oh...., ven e domas unha conmigooo”.
E claro para alá fun.Que queres , un é un cabaleiro e nunca abandona unha dama en apuros.

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-01-2007 00:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Hola amiguiño.
Desde las calidas pero tambien frias tierras del sur se te saluda.
Espero que la proxima, ya sin los compromisos propios de estas, tan odiadas,#blgtk08# por ti, fechas, podamos compartir mesa son las ricas viandas que la pelirroja prepara.
No estaria mal que en un futuro me encontraras tarea en ese buque o navio, lo
Comentario por manypelon (03-01-2007 13:07)
2 hayyyyy, esto de los chinos, el bil gates este, al final se lio solo. Bueno por donde iva.
Lo que te estabas perdiendo todos estos a#blgtk08#ños en el pedras y yo a tu lado, pero bueno. Eso si, si das referencias de mi, procura oviar esa mancha negra en mi C.V.
Un saludito
Comentario por manypelon (03-01-2007 13:09)
3 Menudo texto, este sí que é bon. A ver se te luces así na radio joder, que cada vez os #blgtk08#teus guións son máis froxos.
O luns reunión de contidos, a ver se non faltamos
Comentario por Anton (05-01-2007 15:35)
4 jajajajajaja. Facia moito que non me reía tanto.
Eres a ho#blgtk08#stia tío.
E como te coidaches de non dar nengún nome,joder
Comentario por Ines (05-01-2007 20:51)
5 Pedrito , cuando quieres eres la h#blgtk08#ostia tio...Me lo paso en grande..
Comentario por Maria José (07-01-2007 23:50)
6 ¡QUÉ POUCO SABES DESTA CIDADE!
Eu, que son moito máis bella ca ti...
xa asistia a festas como esas a meus 18 aniños#blgtk08#.
¡Sería que con franco vivian millor uns poucos!
Goça da marchiña moço.
Un bicazo.
a señora duquesa
Comentario por señora de cordeda (11-01-2007 21:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal