Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pechado por vacacións
Este ano non me pasa coma o pasado.
Xa che digo agora que me vou.
Embarco mañá para unha travesía polo Golfo de Vizcaya con porto de destino: La Rochelle.
É unha destas probas de altura nas que nos metemos para ver se este ano tamén cae o Campeonato de Europa.

Supoño que a finais de mes poderemos vernos de novo e poñereite ó corriente de todo.

Mais , para ir abrindo boca, adiántoche algo:

Proximamente en esta pantalla a grande aventura moteira do Val das Almas!
Quere saber de que se trata?

Quere saber quen quedou finalista no certame de Miss camiseta mollada?

Qué se tatuou no lombo Jake Elwood dos "Blues Brothers" no seu concerto no Val?

Qué fai un ruso, un checo, unha escocesa, un polaco e un austríaco no Algarve? (Ah, non é un chiste,eh)

Por qué o Sertosa 28 (remolcador do Porto da Coruña) enfila a toda máquina cara a proa do Hansa?

Conseguirá salvarse a tripulación?

Quén ou qué é o "Ràpido de Malpica"?

A resposta a todas estas preguntas ,e moitas máis, agardante á volta desta pausa!!!

Non deixes de visitarnos!
A túa sede de aventuras verase colmada!!

NOTA:
Sr. ladrón; sí, a casa fica vacía, de todos os xeitos o que pode atopar de valor é un micro "Shure" de colección, e o equipo de música... non creo que lle compense o esforzo. Ah, non hai tele de plasma, e o computador é un Pentium 100...
Se, contodo, decide intentalo... podería pasarlle unha fregona á cociña, e ver se é quen de limpar unha mancha blancuzca no fregadeiro?
Eu, por màis que lle din, non fun quen.
Do baño xa me encarguei eu antes de sair.

Moitas gracias pola súa boa disposición.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-07-2008 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Desde logo, hai que joderse.
Acabo de chegar de vacacións, vou mirar a túa páxina; e o tío ,cun#blgtk08# morro como un piano, avisa que tamén se pira e dálle instruccións ós ladróns!
Esto é a hostia!
Comentario por Xose F. (27-08-2008 18:01)
2 ja.ja.ja...también le dejaste a los ladrones el frasco de #blgtk08#DON LIMPIO NEUTRO...valido para toda la casa ?...
Comentario por Maria José (30-08-2008 15:01)
3 Buenas... verás... soy el ladrón. Que te escribo para pedirte, si no te es molestia, si me podrías devolver los zapatos. Son esos que están pegados al suelo de la cocina. Es que al entrar sentí curiosidad por una mancha blanca que había en el fregadero (ya sabes, al ser piso de soltero, una mancha blanca, en un sitio donde corre el agua...) pero al querer entrar en la cocina, la grasa del suelo se apoderó de mis zapatos y no hubo manera de despegarlos. Con lo que me costó llegar hasta ah#blgtk08#í, teniendo que esquivar todo el desorden del piso, intentando no tocar nada (que uno es ladrón, pero digno y limpio, no como otros).

Por favor, la próxima vez no ponga el aviso en un blog (hasta que no robo un ordenador no lo veo), póngalo en la puerta. Y tenga todo ordenado para que localicemos con rapidez lo importante, que hasta había una rana borracha encima de un sofá -bueno, supongo que era un sofá porque con tantas cosas no se veía bien-. He dicho.

Comentario por no lo puedo desvelar (03-09-2008 20:43)
4 Kagontoooo!!!

Que un é solteiro, pero decente, eh.

E a mancha branca debeu ser dun limpador que atacou o aceiro!!

Vaia, pola descrició#blgtk08#n deduzco que entrou vde. na casa.

Pois non se notou!!!
Nen tivo a decencia de limpar un chisquiño... e xa que estaba...
Que pouca profesionalidade.
Comentario por o abaixo asinante (09-09-2008 20:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal