Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Casamento (e 11) Cara a lúa de mel
E ben, aquí está o último capítulo desta longa serie adicada ó casamento e as miñas ideas ,por definilo dalgún xeito, sobre o asunto.
Ah, antes quero desculparme pola tardanza na publicación deste último capítulo; pero heiche de confesar que a coincidencia ca volta ó curro e a posta en marcha da nova tripulación do novo barco non me deixou moito tempo.
Xa sabes que cando remata o convite, os noivos tentan fuxir a bordo dun coche que , casualmente foi engalanado polos amigos do mozo. É unha cousa típicamente masculina.
Esto é : compramos presentes para os noivos, entramos na subasta da liga e ainda por riba tivemos que ir ó super comprar pasta de dentes, crema de afeitar, condóns, latas de cervexa etc. etc. Ou sexa, o casamento acaba por costar unha media de 800€ por participante.
E o traballo que da prender as latas vacías ó tubo de escape!! Normalmente levanos máis dunha hora de traballo para que dez metros despois de arrancaren os noivos paran e tiran cas latas. Sí, eso é: Unha hora de traballo para uns dez minutos de argalladas.
E xa agora: cal é o gozo de pintar nun coche un corazón e escribir “recén casados”?
Ainda se escribisen: “A túa muller estivo na cama conmigo”, “E conmigo tamén”. Esto sí sería unha boa broma e de seguro que os noivos nunca ían esquecer este día…
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-09-2006 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Non, non o ían esquecer. Sobre todo se a frase vai acompañada dunh#blgtk08#a foto dedicada dicindo "que ven o pasamos aquela noite na eira".
Comentario por A Randeeira (07-09-2006 07:34)
2 non esquecerian non, e os invitados tampouco,ja.ja.Imaxino o noivo dandolle lavazadas os que creia que eran amig#blgtk08#os,e a noiva abandonada antes da lua de mel...Cal dos invitados se quedaría con ela ?....a sortear outra vez....
Comentario por Maria José (10-09-2006 23:52)
3 Carllo neno, agora xa sei porque sempre dis que eres alérxico ó ma#blgtk08#trimonio...jajaja
Queremos máis crónicas mariñas!!! joeeer
Comentario por Emilio (11-09-2006 20:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal