Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vista á dereita
Onte baixaba eu abordo da miña “amoto” pola Avenida de Fisterra na Coruña. Regresaba de pasar a tardiña no Café Asteria aló pola porta septentrional da Costa da Morte.
Viña todo contentiño co meu portátil ó lombo despois de disfrutar dunha tarde dándolle á tecla .
Dende a terraciña do Asteria estiven escribindo algun destes contos que preparo para ti mentres deixo que a mar da Costa da Morte aloumiñe as rocas ós meus pes.
Moitas tardes nas que me entra a morriña da Costa da Morte, tiro para o Asteria e alí na súa terrraciña ou detrás das cristaleiras apóñome a perpetrar algún destes textos cos que aspiro a debuxar no teu rostro un esquivo sorriso.
Hoxe , dende a terraciña contemplaba ós surfeiros loitando como podían por pillar unha onda boa e ó ir pasando a tarde o sol regaloume un dos fermosos solpores tras da Sisarga Grande.
Alí estiven un bo pedazo, ata que decidín que xa era hora de voltar.
Metín o portátil na miña mochila e montei na miña “amoto” disposto a tomar relaxadamente o camiño da casa. Non tiña presa.
Cando vou sobre as dúas rodas , xa me coñeces, nunca vou con presa.
Polo retrovisor albiscaba de cando en vez os resplandores bermellos que deixaba o sol tras das Sisargas ía achegándome á cidade.
Mentres guíaba con xeitiño pensei en Carlos, ó ver nos gardarais as pintadas que outro moteiro fixera chamando a atención sobre a peligrosidade desas guillotinas. Carlos, supoño que o lembras, tivo un accidente contra unha desas cuchilas e ficou morto alí na cuneta. Por suposto ,a culpa foi dél por ser moteiro (xa o dixo o Sr. Pere Navarro da DGT).
Ó chegar a perto do polígono de Sabón alegreime da sorte de ir en moto. A caravana de volta da xente que traballaba nas industrias do polígono era das que fan época; pero eu metinme paseniño polo arcén para ir avanzando sen ter que agardar toda a cola.
Xa ía chegando á cidade e encarei a Av. De Fisterra cos seus primeiros semáforos.
Hete aquí que nun deles estabamos varios coches e eu agardando pola luz verde, cando me decato de que os conductores dos outros coches estaban todos (sí,todos en masculino) ollando cara a beirarúa de estribor. É curioso, o semáforo xa se puxera verde, mais ninguén arrancaba.Seguín coa vista cara ó punto onde eles ollaban, e meu deus!! Pola rúa avanzaba unha desas que chaman muller de bandeira camiñando cunha cadencia e un porte, que deseguida entendín porque ninguén arrancaba nen pitaba. Estaban (estabamos) todos embobadiños mirando para a dama.
Eu, tentei disimular o que puiden (que foi máis ben pouco) e seguina coa mirada ata que se decidíu a cruzar polo noso semáforo.
O seu andar era como o de Lolita Davidovich en “El Escándalo Blaze”, sí oh, seguro que lembras a secuencia na que Paul Newman lle dí: “Muñeca, si yo anduviera así iría andando a todos sitios”.
Ben, pois ó chegar á miña altura , a dama párase , sorríe para min e eu noto como o sangue me baixa de súpeto do cerebro para outra parte do meu corpo, impedíndo o meu natural e escaso raciocinio.
Nesas pensei: “Neno, a ver se vai ser certo eso de que coa “amoto” lígase máis?”
Meu amiguiño , que pouco dura a alegría na casa do probe.
A señora (??) en cuestión dirixíndose a min pediume que a convidara a dar unha volta. Eu, pensando que oira mal, abrín o casco e ela insistiu... Meu deus!!! tiña a voz máis grave que a de Louis Armstrong!! e unha marcada noz na súa gorxa!!! Eu,valbuceei unha desculpa tonta mentres que metía primeira e , non sei se estaba en verde ou en bermello, acelerei canto daba para afastarme de alí como alma que leva o demo.
Notaba como o corazón distribuía de novo o sangue polo meu corpo ,cerebro incluido, e mentres ía perdendo de vista ó/á señor/a impresionante non deixaba de repetirme que sería de min se esto me sucede nun local de perdición a altas horas da madrugada...
Sonche malos tempos para a lírica. Sí...son...
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-01-2008 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Ja ja ja. Hay que que "buen" ojo #blgtk08#tenéis para las mujeres, ja ja ja
Comentario por texas (26-01-2008 08:35)
2 Ya te digo Texas, los autores del blog tienen bastante buen ojo para las mujeres!! Jajajaja Nos po#blgtk08#driais dar algun consejo para que nosotros tengamos buen o por lo menos, mejor ojo que vosotros??
Comentario por Prestamos Personales (28-07-2011 15:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal