Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Viaxe completo, viaxe Comansi!!





Non sei se a frase era de Hitchkok ou Raimond Chadler, pero eso de que o criminal sempre volta ó lugar do crimen, é completamente certo.
Verás. Aló polo ano 91 eu xa andaba enviciado polo mundo das motos. Se o pensas un pouco, era ata certo punto lóxico. Meu pai tiña unha vella Indian co cambio no depósito de gasolina, despois pasou a unha Montesa Impala na que miña nai ía de paquete e eu montadiño detrás do manillar, e por último unha Sanglas 400. Pola banda de meu tío había tamén na casa unha Guzzi...
Como ves, só era cuestión de tempo.
Ben, como dicía, no 91 gracias a unha manada de amigos da miña aldea largámonos a unha cousa que ,según me explicaron, se chamaba “Pingüinos”. O evento era, según eles algo nunca visto. Motos de todos os tipos e cores,moteiros arreo e unha das máis importantes concentracións motorísticas de inverno en España.
Aló nos fumos. Pouco e mal equipados ( chaquetas pesadas de coiro, periódicos ,termos con te quente, e moitas gañas).
Polo camiño atopamos daquela néboa e xiada a esgalla; pero , supoño que o feito de atopàrmonos pola estrada moitos tolos coma nos foinos animando ata chegar a Tordesillas, por aqueles anos, sede do evento. O que aló vimos era impresionante: motos, motos, e máis motos. Bo ambente , camaradería e bos xantares ó calor das lumeiradas que a xente facía para esorrentar o frío.
Hete aquí, que anos despois, volto a estar arriba de miña actual moto en ruta cara a “Pingüinos”. Esta vez a viaxe era máis cómoda ,pero igoal de fría. Non hai xa coiro, nen periódicos, se non fibras (teóricamente) impermeables, e axeitadas ó inverno ; e moito mellores estradas.
A viaxe, esta vez prometía ser moi diferente; pero ,claro, se non hai dificultades non sería “Pingüinos”, así que a organización despuxo todo para o que deron en chamar: “Vive a neve!!”.
Sí, oh. Nada máis sair da Coruña mentres subía cara a Montesalgueiro o termómetro xa marcaba 2ºC. e a chuvia barría o asfalto con gañas. Como ainda estaba arrancando, como quen di, non flaqueaba de ánimos e pensaba no ben que ía así equipadiño e quentiño. Pouco a pouco según me ía achegando a Pedrafita ,a chuvia íase tornando en neve. Pero non “neve”..., se non un paquetón de nevada que para sí quixeran en Baqueira.
Eu, tentaba limpar a bisera do casco co meu fastuoso guante superimpermeable, extremo de hiperinverno...pero, non daba abasto.
Aquí vasme permitir un inciso para decirlle ó Sr. North Face ( o fabricante do meu super guante) que menuda meeeeerda de guante superimpermeable, extremo, etc. Á media hora de estar avanzando a non máis de setenta por hora no medio da nevada, xa tiña as mans totalmente molladas e apenas sentía os dedos.
Pero, non te creas que aquí acababa a cousa. Noon!. Ó enfilar cara ó Manzanal, a organización de “Pingüinos 08” no seu programa de diversión en ruta reservávanos unha divertida actividade de conducción de risco titulada: “Esquiva a quitaneves cabrona”. E..., sí, consistía en tentar esquivar a pala da quitaneves para quen era evidente que éramos invisibles, evitando dar un traspés e ir parar á cuneta. Eu só conseguín 3 puntos porque ,a pesares de non caer na cuneta, non puiden evitar que me enzoufara de neve de arriba abaixo véndome na obriga de parar dado que, houbo uns segundos,nos que conducía de ouvido.
Qué divertido!!. Esto era un non parar de risas.
Xa baixando cara a Ponferrada ,a neve converteuse en granizo do gordo,e lóstregos. Ahí foi cando pensei en que ía a escachar a pantalla do meu casco. Ves, igual que che digo unha cousa dígoche a outra. O casco aguantou,tu!.Viva o Sr. Nolan e a súa fábrica de casquiños!.
A estas alturas xa a miña superequipación de fibras de alta tecnoloxía chorreaba por dentro e por fora. Bueno, minto, por fora non. Por fora colgaban dos meus brazos carámbanos de xeo, que ó parar na gasolineira sacudín con “elejansia”.
Mentres ía disfrutando destas actividades de aventura a tope, a noite ía caendo e o termómetro da miña moto xa facía tempo que non subía de -3ºC. Pero aínda había sorpresas meteorolóxicas agardando.
Xa pertiño de Benabente unha racha de vento inopinadamente forte fixo que de súpeto me atopara conducindo polo carril da esquerda, sen comelo nen bebelo.
Que chiripa foi que non pasara nesas un camión!
Ainda que me negaba conscientemente a elo , xa facía uns cuantos kilómetros que me preguntaba por qué me embarquei nesta aventura cas previsións de tempo que había, por fortuna cando outro ou outra tola me adiantaba e saúdaba, consolábame ver que non estaba so... e que éramos moitos os tolos/as.
Á chegada a Simancas, este ano “Pingüinos” era en Simancas, entendín o por qué de tantos tolos/as na estrada desafiando frío, neve,chuvia,vento,sol,néboa...
Miles e miles de motos e moteiros entrando e,algúns xa ocupando, unha área de uns tres ou catro campos de fútbol, carpas con talleres diversos,furgóns de apoio de motoclubes de Finlandia, Francia, Rep. Checa, Portugal, Alemania, Italia,... tendas, pantallas xigantes con imaxe dos dous escenarios para actuacións, etc, etc,etc.
Cando eu me inscribín eran as sete da tarde do venres, e xa me deron o número once mil e pico. Ata o peche das inscripcións o sábado á tardiña... vai ti a saber se non chegarían ata vintemil inscritos; se a eso lle sumas os que van por libre...
Meu neno, que enorme diferencia de aquela concentración de amiguetes do ano 91. Esto, agora, é o maior festival moteiro de inverno de toda Europa.
O ano que ven hei de voltar ,...ainda que faga sol!.

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-01-2008 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 que envidia tio, haber si para el año no vas solo, aunque mi moto es de secano y yo mucho masssssssssssssss,#blgtk08# que tal se proto la C-800? ando buscando una, que creo que ya tengo comprador para la mi......... un saludo
Comentario por many (21-01-2008 12:58)
2 Que bien lo pasas tio..congeladito y todo ja.ja.
Debe#blgtk08#rias patentar los guantes impermeables...te ibas a forrar...
Comentario por Maria José (23-01-2008 20:41)
3 Invisibles si que somos, con o sin nieve. Para el próximo año (si es que vuelvo, que aún me lo estoy pensando) pondré puños calefactables con guantes#blgtk08# calefactables con cubremanetas calefactables con moto calefactable... Aún se me congelan las manos sólo de pensar en ese "maravilloso" viaje de ida.
Comentario por texas (26-01-2008 08:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal