Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Espíritu do Nadal
Como sempre pasa ó chegar esta época do ano, eu comenzo a transformarme nunha especie de homínido con diversos patoloxías da alerxia que me produce.
Sí, oh, a pasada semán escoitei por primeira vez unha panxoliña no Nadal de este ano e sofrín de inmediato o efecto malvado desas musiquiñas. Foi oila e entraronme uns picores polo corpo que eu atreveriame a calificar de “urticaria natalicia”.
Mal que puiden fun trampeando co picor mentres me ía poñendo na cola para as mercas da época . Xa sabes, os agasallos para os amigos que á súa vez te agasallan a ti... en fin, toda esa tontuna na que o “Cortinglés” e afíns nos embarcan.
Nestes días de trono o tráfico na cidade onde vivo é un pouco máis infernal que de costume. E como non podo ir coa moto de compras (dime ti onde,carallo, gardo os paquetes...) , hei de armarme de paciencia e unirme, con bo espíritu, á caravana eterna destas entrañables datas.
Ainda que o intentei , ben sabe deus que o intentei, este ano non puiden librarme dunha desas maravillosas ceas navideñas.
Este ano tocaba cea na casa matriz da familia , e ainda me estou preguntando por qué , á miña mai lle deu por xuntar a parentes ós que , para dicirche a verdade , nunca tivera visto diante. Supoño que algo tiña que ver o forte sentimento de clan que agocha no seu interior a señora da casa.
A min , a verdade, traíame bastante ó fresco o clan. Eu sonche máis da opinión de que o clan son as persoas que vas atopando ó longo da vida e cas que vas sintonizando e as relacións que vas creando , e non esa xente, que segúndo o punto de vista da señora da casa, son “do teu sangue”,pero que á hora da verdade non che botan unha man..
Total, que non me quedou máis remedio , so pena de ser desheredado, que acudir sen remisión á chamada da xefa do clan.
A cea , xa te podes imaxinar, foi de sete estalos. Supoño que no fondo non só se trataba de xuntar a todos os parentes que quedan vivos do clan, se non de epatar un pouco e facer ver que ainda somos os que un día fumos.
Meu amigo, ata o terceiro prato a cousa foi levadeira; mais ó chegar ó primeiro dos postres e ós licores, aquelo xa empezou a desmadrarse.
Entre os vapores etílicos que campaban pola mesa , e as vellas renciñas que ,ó parecer existían ainda entre os comensais, o ambente empezouse a caldear.
Daba gloria velos. O tío Antonio completamente “chuzas”, a tía Estrela cunha chispa que eu nunca vira ( boeno, tamén esta era a segunda vez que a veía diante. Como só coincidimos nos enterros), O primo Hilario amenazando cun “strip tease” para mostrarnos a súa roupa interior de cor vermella... , e a dona da casa discutindo ca prima Tere sobre un dereito de paso de non sei que leira perdida ,e á que posiblemente elas as dúas lle ven algunha rendabilidade segreda, ou poida que só sexa por amolarse... vai ti saber.
En fin, o normal nunha destas ceas enchidas do espíritu do Nadal.
Eu tentei manter a compostura e ir esquivando os tiros e puñaladas que, cada vez máis , voaban sobre a mesa; mentres que maquinaba cunha boa desculpa para irme na primeira ocasión que vira.
Andando a noite o resultado da contenda foi como segue:
Copas de cava rotas.-tres, vestidos enzoufados do caramelo do flan.- dous, “esononmodisnarúasetesoquehaiqueter”.- dous, “Quepoucavergoñateñenalgunhas”.- tres.
Ó día seguinte ainda che me doía a cachola da resaca da cea do día anterior, pero como queira que me quedaban cousas que mercar, voltei á voráxine do tráfico navideño cas súas luceciñas , as súas panxoliñas, e os seus desexos de paz e ledicia (??).
Pouco a pouco, eu ía notando que entre o sarpullido e os domingueiros eu tamén ía quentándome arreo. Tanto é así que chegando ó paso de cebra que hai fronte a Casa da Auga, vin unha velliña que se dispoñía a cruzar e cravei o freo do coche para non ser retratado nunha das camariñas que o noso Concello puxo nas rúas para a nosa seguridade e a súa carteira. Detrás de min viña un cafre cun “quad” facendo cabriolas, e claro, aconteceu o que tiña que acontecer, ó clavar eu o freo por mor da señoriña, o de atrás nin se enterou e parou contra o meu parachoques facéndome un bolo na fibra.
Mentres ,a señoriña que vira toda a movida, empezou a recuar mandándome pasar a min. Eu, unha vez parado insistín por señas indicándolle que pasara, e ela que non, e eu que sí; e mira se me quentou que abrín a porta do coche e medio transfigurado berreille ó do “quad” para que non escapara e funme para a vella :
-”Que non cruza?. Que non cruza?. Como hai deus que vde. cruza agora mesmo!”. E nen corto nen perzoso agarrei á señoriña por un brazo para cruzala quixera ou non.
E , vaia, parecía que agora xa non quería cruzar. O caso é que me arreou un bolsazo na testa que ben che pensei que levaba dentro un adoquín... , pero a túzaro non me gañaba a señoriña. Aguantei os envites do bolso , pero ó final cruceina.
Mentres , o capullo do “quad”, que nun principio se quedou a ver o “show”; aproveitara o rebumbio para empuxar o seu maquiniño co motor apagado e fuxir como alma que leva o demo.
E aquí me tes, enchido do espíritu do Nadal, cun bolo no meu parachoques , que para máis congojos hai que cambialo todo, xa que , según che me dixeron no taller, non se pode endereitar; e cun par de chichóns do puñetero bolso acorazado da señoriña de marras.
Se esto non chega a rematar , estaría valorando seriamente a posibilidade de darme á bebida como os peixes da panxoliña.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-01-2008 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 O mellor conto de nadal que leín este ano.#blgtk08#r /> A puta realidade das ceas de noiteboa.
Comentario por cristina (10-01-2008 11:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal