Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tipoloxía de solteiros (e II)
Unha parte dos meus colegas optaron por sair do burato canto antes. Buscaron parella rápidamente , e algún ata se foi a vivir con ellas. Algún ata xa está encargando novos fillos para empezar o ciclo unha vez máis. A este grupo decidimos chamalos: O dos casados crónicos.

Durante a conversa, os casados crónicos son os que máis falan de mulleres e das partes das mulleres; e do que farían con esas partes ou cas mulleres enteiras. Poden pasar horas ventilando os seus desexos coa paixón dun adolescente. Non, non son sátiros, todo o contrario. Tiveron sexo con tan poucas persoas que sempre están imaxinándose a todas as demáis. Os casados crónicos precisan unha parella todo o tempo , para poder albergar fantasías. O que queren non é sexo, senon literatura.

A categoría oposta é a dos do “segundo debut”. Estes sí que lograron con éxito regresar no tempo. Como nos vellos tempos, desfrutan dunha sexualidade alegre e recuperaron a súa alerxia ó compromiso. Só queren encontros dunha noite.

Evitan calqueira conversa persoal. E baixo nengún concepto establecen unha relación emocional. Se sospeitan que se están namorando, fuxen.

O problema dos do “segundo debut” é que pola súa actitude , están condeados a ter parellas bastante menores que eles. Acostuman a encontrarse metidos en festas de vinteaneiros que usan drogas descoñecidas para eles. Asisten a festivais veranegos onde durmen en tendas de campaña e se emborcan na lama tratando de disimular as súas dores musculares. E a súa única certeza é que eses inconvintes … só irán a peor.

A terceira categoría de divorciados é a dos “exploradores”.

Son os máis numerosos. Os exploradores aventúranse na xungla da súa solteiría coa precaución dun venado nunha festa de leóns. Rastrean á parella perfecta con métodos case científicos: Entran en páxinas de contactos e desenvolven todo tipo de filtros para seleccionar ás súas presas. Asisten a todas as citas a cegas e ceas de amigos que lles presentan mulleres. Pero agora teñen algo que non tiñan antes: Un pasado. E eso fainos máis selectivos, e frecuentemente, deixaos máis insatisfeitos que cando eran solteiros.

Os nosos colegas divorciados sairon sen defensas a un mundo inesperado, no que é máis doado conquerir sexo que conquerir conversación. Algúns resolveno mellor que outros; pero con cada matrimonio que cae, os que seguen casados fano… non só por amor, senon por medo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-04-2018 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal