Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Botabara:4 Tripulación:0 (e II)
Despois da accidentada saída e de repoñernos da anterior movida, escomezaba o baile.

Xusto ó virar a Guisanda para enfilar a saída da ría xa houbo que izar o “spí”. O vento non acababa de entablarse e a tendencia era a irse máis á proa, polo que ,ainda que fora só por uns metros, o patrón decidíu aproveitar o empurrón que íamos conseguir co vento de aleta e co “spí” lixeiro a fin de recuperar algún postiño despois da nosa saída un chisco “distraida”.

Así aguantamos ata a altura da Punta da Torre de Hércules; pero segundo íamos asomando a proa máis afora o vento íase indo máis cara ó Sur e aumentando en intensidade.

Como queira que ainda podíamos manter o rumbo de aleta ( a estas alturas caseque de través) , e a intensidade agora xa non baixaba dos 20 nós; o patrón mandou arriar o “spí”en prevención dunha rotura, máis que asegurada; e continuar co xénova 3 que tan ben adujadiño tiñamos xa na cuberta de proa.

Neste intres xa íamos a unha boa marcha en demanda das Sisargas, que pasaríamos (de non mediar cambios de rumbo) por afora.

Alomenos eso era o planeado.

Eu, mentres, xa baixara a adujar o “spí” e aproveitaba para ir facendo de monitor dun dos novos compañeiros. Como queira que este ía ser un bordo longo tiñamos tempo arreo para indicarlle como enlanalo e o xeito máis rápido de facelo para cando non houbera tanto tempo (nun barlovento/sotavento).

Ainda que non veíamos moito do que estaba acontecendo fora , os pantocazos ,que cada vez eran máis grandes, indicábannos que a cousa fora estaba cambiando a toda velocidade.

Así era. Cando rematamos e subimos a cuberta coa bolsa do “A2B” lista xa vimos que a situación cambiara totalmente.

Estabamos cunha surada de coidado, e con bastante mar de proa. O rumbo inicial que nos levaba directos ó exterior da Sisarga Grande convertírase noutro moito máis aberto e moito máis cara a fora. Contodo non baixaramos moito a velocidade e íamos aproveitando ben as novas condicións e a maior presión de vento que obtíñamos mar adentro.

A nosa estratexia era ben clara. Tentaríamos ir ben afora para logo virar en canto tiveramos Punta Seiruga e deixarmonos caer ata o Roncudo e entrar en Laxe aproveitando a punta de velocidade que nos dan os rumbos de través.

Agora só nos restaba agardar que os que optaron polo bordo de terra caeran nalgún pozo sen vento ou se viran frenados pola mar de proa que ían ter todo o camiño.

Seguindo a nosa estela só estaba o “Halcón Negro” e o “Araucaria” a bastante distancia. O resto da flota preferíu o bordo, ben máis conservador, de terra.

Entre chuvasco e chuvasco íamos vendo pola nosa popa como a distancia con respecto ó “Halcón Negro” ou ben se mantiña ou se ampliaba; e aló, máis atrás, seguía o “Araucaria”. Mentres, dado que xa non tiñamos contacto visual co grupo de terra, fiabàmosnos das indicacións que obtiñamos do radar para ver de controlar que ninguén se nos fose a ir.

Cos contos estabamos xa caseque a media milla ó Sur do través de Punta Seiruga e escomezamos a abrir velas e rumbo para deixarnos caer cara a punta do espigón do peirao de Laxe.

Poucos minutos despois vimos ó “Halcón” facer a mesma manobra e comprobamos como neste bordo aumentaba a súa velocidade. Con todo , ainda tiñamos un cómodo colchón de tempo que nos permitía unha certa seguridade.

A nosa preocupación nese momento era ver como de adiantados (ou non ) estariamos do grupo de terra. Tanto nos concentramos en localizar visualmente a ese grupo comandado polo “LK1” que nin nos decatamos de que o “Halcón Negro” estaba xa a poucos metros da nosa popa.

Estaríamos a menos de dúas millas da punta do espigón de Laxe e xa avistabamos a enorme velocidade do “LK1” que aproveitaba a súa lixeireza e o resgardo do interior da ría para avanzar sen tanta mar coma nos.

Mentres, na nosa guerra particular co “Halcón” estabamos enzarzados nunha serie de viradas coa intención de dificultarlle todo o posible que nos adiantara. O cal, estaba retándonos a nosa punta de velocidade; pero eche o que hai.

E xusto nunha desas viradas un dos compañeiros novos levou a peor parte.

Verás:Ó paso da botabara librouse, mais non calculou a forza da escota da maior que o enganchou polo cuello e guindouno contra a regala deixándolle a frente descapotable e tirado na bañera inconsciente. Por fortuna había dous médicos abordo ; pero ó ollar para as súas caras cando se puxeron a atendelo, xa nos decatamos que a cousa era máis grave do que parecía. A hemorraxia non paraba, e Antonio (un dos dous médicos de abordo) xa estaba na radio pedindo unha neumática da Cruz Vermella para evacualo.

Dado que xa estabamos pertiño da meta de Laxe, apareceron de seguida , e no peirao xa había unha ambulancia lista.

A nosa regata , mentres xa era moi secundaria. Coa neumática abarloada a nos veíamos como o “LK1” entraba primeiro e o “Halcón” segundo.

Nos , unha vez evacuado o ferido , ainda nos dou para un honroso cuarto posto ó rebufo do “Riás”.

Por fortuna a recuperación foi boa, a pesares do susto, e en dúas semáns xa nos dixo que non voltaba nen borracho. Que esto da vela non era tan tranquilo como lle dixeran.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-12-2011 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Xa botaba de menos as túas crónicas #blgtk08#mariñas. A ver se te prodigas máis.
Comentario por Mar (09-01-2012 11:59)
2 Iso mesmo#blgtk08# digo eu!
Comentario por montse llamas - artsandcats (20-01-2012 19:32)
3 Dado que xa estabamos pertiño da meta de Laxe, apareceron #blgtk08#de seguida , e no peirao xa había unha ambulancia lista.
Comentario por replica handbags uk (28-01-2016 07:41)
4 Mentres, na nosa guerra particular co “Halcón” estabamos enzarzados nunha serie de viradas coa intención de dificultarl#blgtk08#le todo o posible que nos adiantara. O cal, estaba retándonos a nosa punta de velocidade; pero eche o que hai.
Comentario por celine outlet (28-01-2016 07:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal