Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Botabara:4 Tripulación:0 (I)
Xa facía unha boa xeira que non te tiña ó tanto das miñas aventuras marítimas.

Ben, pois imos poñernos ó día.
De novo estou a bordo do “Hansa”. É verdade o que din, que o criminal sempre volta ó lugar do crime.

O caso é que da tripulación orixinal xa só estou eu. Entre fichaxes doutros barcos e abandonos por causas profesionais e por, digamos, “outras causas”; agora, xunto co armador e o patrón, son o máis veterano abordo.

Éche esto algún mérito engadido? Non. O único mérito é coñecer a fondo o barco e os seus intríngulis e ter que facer de monitor das novas incorporacións. Esto é: traballo dobrado.

Estes últimos días os armadores foron ata a Escola de Náutica para facer unha “leva” ó xeito das que facían os nobles que ían ás Cruzadas; e eu mentres de fiel escudeiro e mentor dos futuros novos talentos que unha vez formados e adestrados buscarán outros aires noutras cubertas.

Joeeer. Acabo de releer esto e sona un pouco como se eu fose o rei do mambo e os demáis tontiños de baba. Non , non che é así. Normalmente as levas os armadores fannas con xente de experiencia en navegación a vela. Eu, dada a miña antigüedade abordo, só lles podo dar un máis axeitado achegamento á distribución da manobra no Hansa.

Sí, así queda mellor. Ó fin, ainda que todas as manobras dun velero son similares, os cambios na súa distribución son os que fan que sexa necesario un período de adestamento; e aquí é onde eu aparezo.

Pero, bueno , ó que íamos. Estabamos na pre-saida dunha proba que nos levaría ata Portozas (vila antes coñecida como Laxe) e mentres probabamos configuracións de proa co xénova 1 ou o 3 vemos como outros barcos que estaban , coma nos, tras a líña do xurado tamén estaban facendo as súas apostas para o primeiro tramo ata virar a boia da Guisanda.

Acababamos de arriar o xénova 3 posto que unha drástica caida do vento aconsellaba máis contar coa potencia que nos proporcionaba o 1, cando a poucos metros de onde nós estabamos oimos uns berros . Os que estabamos adujando o 3 deixamos a vela sobre a cuberta de proa e ollamos para onde viñan os berros. Era un Beneteau 36,7 navegando xa a vela, que veía como o “Playú” un Hanse 38 ainda co motor en marcha enfilaba cara o seu costado de estribor sen dar mostras de tentar apartarse.

Non podíamos creer o que estabamos vendo. O Beneteau , que dado que navegaba a vela tiña prioridade, tentaba manobrarlle ó “Playú” querendo evitar o inevitable. Mentres veíamos como este último non só non aminoraba a velocidade ou facía amago de virar, se non que o seu patrón aferrábase á caña como se lle fose a vida nelo e non variaba un grao o rumbo de colisión.

A deseperación no Beneteau era cada vez máis grande ó veren como a proa do “Playú” co rizón montadiño ben afora , estaba cada vez a menos distancia e ó seu patrón como bloqueado na caña sen moverse.

E claro, a abordaxe foi o seguinte que vimos así como o enorme golpe que fixo levantar parte da regala de estribor do Beneteau mentres que o patrón do “Playú” seguía como hipnotizado.Resultado: Os dous barcos fora de xogo e de volta ó pantalán.


Xúroche que en todas as millas que levo navegado nunca tal cousa vin. Non podo nen supoñer o que pasou pola mente dese patrón conxelado mentres veía como o seu barco enfilaba sen remisión a outro colega ,e sen ser quen de facer nada.

E ,o peor, o desesperado intento de manobrar a vela para evitar o que todos considerabamos fácilmente evitable se o patrón do "Playú" reaccionara como agardabamos.

Pero , esta regata, en principio sinxela e de carácter local ainda non acabara e prometía ser moito máis movidiña.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-12-2011 15:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Interesante historia a das levas. Non tiña nin id#blgtk08#ea de como se recluta a tripulación dun veleiro.
Comentario por montse llamas-ArtsandCats (03-12-2011 19:59)
2 Pero , esta regata, en principio sinxela e de carácter lo#blgtk08#cal ainda non acabara e prometía ser moito máis movidiña.
Comentario por mulberry replica (28-01-2016 07:35)
3 A deseperación no Beneteau era cada vez máis grande ó veren como a proa do “Playú” co rizón montadi#blgtk08#ño ben afora , estaba cada vez a menos distancia e ó seu patrón como bloqueado na caña sen moverse.
Comentario por mulberry outlet (28-01-2016 07:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal